top of page
Buscar

NUEVA AYUDA HOSTELERIA Y AGENCIAS DE VIAJES

Foto del escritor: Orión GarcíaOrión García

PEL REACTIVA:

PROGRAMA ESPECÍFICO DE APOIO

Á HOSTALERÍA E ÁS AXENCIAS DE VIAXES

Xestionado pola Deputación e os concellos de menos de 50.000 habitantes

OBXETIVO PRINCIPAL

Reactivación e mantemento da actividade económica e do emprego nos sectores da hostalería e o das axencias de viaxes.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e as microempresas que figuren dadas de alta no IAE, en calquera dos epígrafes das agrupacións:

  1. 67 (Bares e restaurantes)

  2. 68 (Hospedaxe)

  3. 755 (Axencias de viaxe)

  4. Epígrafe 969.1 (Salas de festa e discotecas) pertences á Sección 1ª

REQUISITOS

  1. Ter o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50 000 habitantes.

  2. Estar dadas de alta nalgún(s) dos epígrafes indicados anteriormente.

  3. En caso de persoas físicas: Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social.

  4. Non atoparse incursa en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

EXCLUSIÓNS

Non poderán ser solicitantes:

  1. As persoas traballadoras autónomas ou microempresas que teñan sido beneficiarias das axudas PEL-REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica Social da Provincia da Coruña

  2. As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado, carentes de personalidade xurídica propia.

  3. As asociacións, autónomos colaboradores e as corporacións de dereito público (Confrarías…)

  4. Os/as socios/as ou accionistas dunha sociedade, se xa a presentaron como parte da sociedade.

CONTÍAS E COMPATIBILIDADE

O importe a recibir terá unha contía fixa de 1 500€ por persoa beneficiaria, ata esgotar o crédito dispoñible (que son 9.000.000€)

Este programa é compatible con calquera outro programa ou axuda concedida por entidades públicas ou privadas para a mesma finalidade.

Queda sometida ao réxime de minimis en todas as súas liñas (a axuda total de minimis concedida a unha única empresa non excederá de 200.000€ durante os tres últimos exercicios fiscais).

FORMA, PRAZOS, E DOCUMENTACIÓN DA SOLICITUDE

A solicitude se presentará a través da plataforma telemática SUBTeL, tendo que dispoñer da sinatura electrónica da persoa física ou do representante legal da entidade.

O prazo da presentación de solicitude iniciarase o día 3 de maio de 2021 ás 8.00 horas.

Documentación a presentar:

  1. Certificado de Vida laboral do/a autónomo/a onde conste a data de alta no RETA (no caso de ser persoa física)

  2. Certificado de situación censual da Axencia Estatal Tributaria, actualizando a efectos de determinar a data de inicio da actividade.

  3. Información de datos bancarios:

  4. Persoas físicas que actúen no seu propio nome: designación de conta bancaria (código IBAN ou CCC)

  5. Persoas físicas que actúen a través de representante e persoas xurídicas: certificación bancaria ou documento de banca electrónica que conteña a seguinte información:

  6. Nome ou razón social

  7. CIF/NIF

  8. Identificación da conta bancaria (código IBAN/CCC)

  9. Deberán declarar de xeito responsable o cumprimento de todos os requisitos esixidos e o cumprimento dos compromisos e obrigas das persoas beneficiarias.

Para máis información, pode consultar o BOP número 72, do martes 20 de abril de 2021 ou contactar con Eixo Gestión.

1 visualización0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page